Aplicacion

A aplicación

Xoias é unha completa ferramenta cuxas principais funcionalidades son:

  • control por peza: cada peza créase de forma única diferenciando datos e histórico

  • características por familia de pezas: pódense definir ata catro características, que son asignadas a cada peza na súa entrada, facilitando así a entrada de pezas no almacén

  • xestión diferenciada do código de barras: cada peza ten un código de barras que a identifica e permite localizala en poucos segundos

  • documentos vinculados: asociación de documentos ás mercadorías permitindo un control exacto da información recibida e pendente

  • control de stock: cada mercadoría ten un estado, permitindo un conteo de cada peza en función do seu estado

  • arranxos: pasos necesarios, estado e localización

  • TPV Xoias inclúe:

    • xestión completa do punto de venda incluíndo xestión do crédito con histórico de pagamentos

    • xestión multitenda con sincronización de stock's

    • vendas cada poucos minutos

    • posibilidade de listados configurables con exportación automática en formato Excel e PDF, incluíndo a personalización de listados en liña

    • cómoda xestión a través de códigos de barras nas etiquetas das pezas, tíckets, tíckets regalo e vales, o que facilita o procesos de venda e devolución de mercancia.

  • Completo editor de etiquetas, que permite personalizar a información mostrada na etiqueta da peza

  • Soporte remoto da aplicación, poñendo a disposición do usuario un teléfono gratuíto para soporte técnico

  • Opción de vender sen ter a mercadoría dada de alta

  • Existencia de Artigos comodín. E que son artigos comodín? Pois son aqueles artigos que non interesa ter en stock pero, non obstante, teñen moita saída. Exemplo: As pilas botón. O funcionamento é simple: Créanse como artigo comodín cun código e, á hora de realizar a venda, é moito máis sinxelo.

  • Automatización de licenzas, que son notificadas a través de Internet.