Os catro pasos
Enumerámosche as diferentes fases a seguir para que chegue Xoias ao teu negocio:
1. presentación personalizada
Contacta connosco e recibirás a visita gratuíta dun experto en Xoias. Na demostración práctica, verás as principais funcionalidades de Xoias en acción, poderás consultar as túas dúbidas e coñecerás en detalle como esta solución te pode axudar a mellorar o teu negocio.
2. presuposto do proxecto
Tendo en conta as características específicas do teu negocio, elaboramos un presuposto detallado, sen compromiso e con todas as pezas que necesitas, dende o software ata os equipos, incluíndo tamén todos os servizos de posta en marcha: instalación, formación, configuración, soporte, etc.
3. posta en marcha
Instalámosche os equipos e a aplicación, configurámola, realizamos a carga inicial de datos e impartimos as sesións de formación para aprender a manexar o programa.
4. mantemento e soporte
O programa está en permanente actualización: recibirás as actualizacións automáticas a través de Internet e así terás o software ao día.
Dispós ademais dun teléfono de soporte técnico para consultas e mesmo poderás solicitar a presenza dun técnico para resolver calquera problema.

