Garantia

Garantía

Xoias ofrece unhas condicións de garantías excepcionais e pouco habituais.

Destacamos que inclúe unha garantía de 3 anos en equipos hardware, un 7x5 en substitución de pezas e man de obra e substitución de equipo ao día seguinte laborable.

O procedemento é sinxelo: o cliente contacta co centro de atención ao cliente (no teléfono 900 825 825), o cal realizará as xestións necesarias para identificar a avaría e disporá os medios e as accións apropiadas para solventala nos prazos estipulados.

Así, contactará co fabricante correspondente (HP, IBM, Toshiba) e eles procederán a enviar un técnico para a reparación, a substitución do equipo, etc. No caso de impresoras, pantallas ou outros periféricos o cliente pode optar, se o prefire, por contactar directamente co fabricante.

Cada equipo posúe unhas condicións específicas de garantía, xa que as súas características son diferentes.

Para ver a xestión de garantías no caso de cada equipo en particular e para ver tamén máis información sobre o procedemento a seguir e o seu desenvolvemento, podes consultar aquí a garantía completa de Xoias.