Nova

Xoias ten nova versión

Vimos de lanzar unha nova versión de Xoias, con novas funcionalidades e con importantes melloras, moitas das cales foron suxestións e comentarios dos usuarios. Consúltaas.

Estas son as principais melloras que incluímos:

- Toda a aplicación foi obxecto dunha importante actualización en
os compoñentes de acceso á base de datos para adaptarse ao novo
motor Firebird, moito máis rápido e fiable.
- No apartado Detalle Artigos, na opción Cambiar Prezo de
Venda
agora podemos aplicar % de variación sobre o prezo nas
pezas desexadas.
- E ademais incorporamos novos listados e melloras nos xa existentes.

Tamén revisamos e solucionamos problemas dos que tiñamos constancia, tales como:

- Textos que non se ven debido a algunhas cores
- Non se pode aboar máis de 1 unidade en TPV
- Non se pode crear un crédito para unha venda
- Non permite cobrar créditos con importe restante menor de 1 €
- Non aparecen os albarás de reparación á hora de facturar
- En facturas, os gastos levan o 16% despois do 1 de xullo
- Problemas nos mantementos de provedor e cliente

E temos unha gran novidade para os próximos meses:

- Un soporte para o envío de SMS a móbiles de clientes.

Incorporamos a tecnoloxía necesaria para a activación do sistema e agora queremos que sexan os propios usuarios quenes nos axuden a definir o seu uso.