Nova
Medidas dos xoieiros madrileños contra os atracos
Chegaron a un acordo coa Policía para impulsar un dispositivo especial de vixilancia ante o elevado número de roubos que están a sufrir.
Máis controis en locais de xoiaría e reloxaría, en locais anexos e zonas especialmente problemáticas e chamada á colaboración cidadá son os eixes sobre os que xira o compromiso. O sector convértese así en prioritario para as forzas da orde en Madrid.
É a primeira cidade que pon en marcha unha iniciativa deste tipo, pero non se descarta que se funciona se traslade a outros lugares, xa que os establecementos xoieiros e reloxeiros se converteron en branco preferente de roubos de forma xeneralizada nos últimos anos.
Os xoieiros destacan tamén a necesidade de reformar a ‘Ley de Enjuiciamiento Criminal’ referente a Seguridade Privada, con penas máis duras para os reincidentes, e que as compañías de alarmas melloren os seus servizos, en moitos casos alleos ás innovacións en materia de novas tecnoloxías.